CRTVG

Buscar

Aragonès xura o cargo como presidente de Cataluña co obxectivo "inevitable" da independencia

Publicado o 24/05/2021 21:05

Pere Aragonès xa é oficialmente o novo presidente da Generalitat de Cataluña. O seu antecesor, Quim Torra, colocoulle a medalla que o acredita. Nas súas primeiras palabras, Aragonès comprometeuse a combater a desigualdade, reforzar o estado do benestar e conducir Cataluña cara á independencia. O novo presidente anunciará a composición do seu goberno este martes. Hoxe sóubose que o deputado de Junts, Jordi Puigneró, será o seu número dous.

Haberá oito mulleres e seis homes e só repetirán dous consellers. Tras uns últimos días no que se ían coñecendo con contagotas os nomes dos consellers do novo executivo de coalición de ERC e JxCat, este luns xusto antes do acto de toma de posesión de Aragonès despexáronse as incógnitas que quedaban

Puigneró, home de confianza do expresident Carles Puigdemont, será o home forte de JxCat no Govern e exercerá de contrapeso a Aragonès, despois da renuncia de Elsa Artadi e Josep Rius a postularse. A renovación con respecto ao Govern de Quim Torra é tal que, por parte de JxCat, só Puigneró repite como conseller, mentres que perfís de peso no anterior mandato, como Damià Calvet, Miquel Sàmper ou Meritxell Budó, quederon sen carteira.

JxCat situou tres independentes no novo executivo: Josep María Argimon (Saúde), Jaume Virou 

Noticias web

24/05/2021