CRTVG

Buscar

Aragonès e Puigdemont coinciden en que os indultos non son a solución ao conflito catalán

Publicado o 18/06/2021 19:52

O presidente da Generalitat visitou hoxe a Carles Puigdemont en Bélxica. Pere Aragonès e o agora eurodeputado falaron durante preto de dúas horas. Foi o seu primeiro contacto en persoa despois das tensas negociacións de investidura entre Esquerra Republicana e Junts per Cat, unhas negociacións en que o papel do expresidente da Generalitat estivo a piques de frustrar o acordo. No encontro de hoxe, Aragonés reiterou que os indultos aos presos do procès non bastan para superar o conflito co Estado: "Non son a solución a un conflito político de fondo que ten un calado moito máis profundo. A nosa proposta para solucionar o conflito político é o exercicio de recoñecemento do dereito á autodeterminación e unha amnistía para acabar coa represión".

Noticias web

18/06/2021