CRTVG

Buscar

Aragonès di que os indultos son un "paso insuficiente" que "corrixe" o Supremo

Publicado o 21/06/2021 14:19
Aragonès di que os indultos son un "paso insuficiente" que "corrixe" o Supremo

Foto: EFE

O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, dixo este luns que os indultos aos líderes do  'procés' en prisión representan un "primeiro paso", aínda "insuficiente" para resolver o "conflito político" catalán, que "corrixe unha sentenza do Tribunal Supremo que foi inxusta".

"Con esta decisión do Goberno español, corríxese unha sentenza do Tribunal Supremo que foi inxusta. Con esta decisión hai unha corrección, unha emenda a unha sentenza inxusta, porque defender e traballar para que a cidadanía de Cataluña poida decidir libremente o seu futuro nunca pode ser delito", asegurou Aragonès. "Organizar un referendo nunca pode ser delito", concluíu.

De todos os xeitos advertiu que os indultos "non achegan ningunha solución a unha represión que vai moito máis alá" dos nove presos  e que, ao seu xuízo, deriva dunha "causa xeral contra o independentismo encabezada polo Tribunal Supremo".

Segundo dixo, os indultos anunciados por Sánchez son "un primeiro paso" no camiño do diálogo, pero aínda o considera "insuficiente e incompleto", porque "debe ir seguido dunha negociación".

Noticias web

21/06/2021