Aragonés coincidirá co Rei nun acto privado, pero non acudirá á cea oficial que se celebra hoxe en Barcelona
Publicado o 16/06/2021 14:33

Cos indultos no centro do debate político, o Rei viaxa hoxe a Barcelona. Asistirá a unha cea de alto nivel político e empresarial acompañado do presidente de Corea do Sur.
A cita chega rodeada de polémica, tras anunciar o presidente da Generalitat que non vai acudir. Pere Aragonès envía no seu lugar a conselleira da Presidencia, rompendo así co boicot do anterior presidente, Quim Torra, aos actos oficiais do monarca en Cataluña. Si se sabe que Aragonés e Filipe VI coincidirán antes nunha reunión privada con empresarios.