CRTVG

Buscar

Aragonès anuncia que a mesa de diálogo co Goberno será xoves ou venres en Barcelona

Publicado o 10/09/2021 10:13
Aragonès anuncia que a mesa de diálogo co Goberno será xoves ou venres en Barcelona

O presidente da Generalitat Pere Aragonès anunciou que a mesa de diálogo co Goberno se celebrará xoves ou venres da semana que vén en Barcelona e insistiu en que "o natural" é que o presidente do Goberno Pedro Sánchez asista.

Foi nunha entrevista en Catalunya Ràdio onde explicou que a reunión "será a semana que vén, nos próximos dous ou tres días poderase confirmar se é o xoves ou o venres".

Sobre se Sánchez debe estar na mesa, Aragonès considera que "o natural e o que toca" é que asista ao que, ao seu xuízo, é o reinicio dunha negociación. 

O presidente da Generalitat destacou o alto compoñente político da mesa de diálogo.

Noticias web

10/09/2021