CRTVG

Buscar

Araceli, de 96 anos, a primeira persoa vacinada contra a covid-19 en España

Publicado o 27/12/2020 09:23

Araceli Hidalgo, unha muller de 96 anos e residente no centro de maiores Los Olmos de Guadalaxara, recibía esta mañá a primeira dose da vacina en España.

 

Tras ela foi vacinada a auxiliar de enfermaría Mónica Tapia, que leva dez anos traballando nesa mesma residencia. É un centro en que faleceran 13 maiores nos meses máis duros da pandemia.

Araceli e Mónica son as primeiras protagonistas dunha campaña de vacinación que pretende inmunizar case 2.300.000 persoas ata o próximo mes de marzo. Nesta residencia de Guadalaxara comezaba esta mañá unha nova fase na loita contra a pandemia.

A partir deste luns enviaranse todas as semanas unha media de 350.000 doses ás comunidades. En total, España recibirá nas próximas 12 semanas 4.591.275 doses desta vacina de Pfizer.

Noticias web

27/12/2020