CRTVG

Buscar

Apuran os traballos para recuperar a normalidade nas rúas de Madrid ante a ameaza dun temporal de chuvia

Publicado o 18/01/2021 16:40

Once días despois da nevarada, Madrid loita aínda para recuperar a normalidade. Amais, agora, a ameaza é un novo temporal de vento e chuvia que vai dificultar aínda máis os traballos. Por iso a Axencia de Seguridade e Emerxencias pediu a todos os concellos da comunidade que intensifiquen os traballos de limpeza para despexar canto antes a neve das rúas.

Hai preocupación pola posibilidade de que a chuvia, xunto á neve, poida bloquear as redes de sumidoiros, e que o vento forte que agardan afecte aínda máis ás arbores, moi deterioradas tras o paso de Filomena.

Na metade das rúas de Madrid custa moverse. Queda moita neve, moito xeo. E lixo. Moito lixo. Hai algunha zona en que xa van nove días sen que pasen os camións de recollida.

Mentres as rúas se seguen limpando, os autobuses da EMT son de balde ata o mércores. Tampocuo está activo o servizo de aparcadoiro regulado. Medidas para que os madrileños movan os coches privados o menos posible.

O alcalde agarda que esta sexa a semana da volta á normalidade. En principio, o mércores retómanse as clases. O día que outro temporal, este de chuvia e neve, volve ameazar Madrid.

Noticias web

18/01/2021