CRTVG

Buscar

Apupos e berros de "peseteiros" aos xogadores do Madrid á súa chegada a Cádiz

Publicado o 21/04/2021 21:23

O fracasado proxecto da Superliga segue caldeando os ánimos dos afeccionados e non só en Inglaterra. A expedición do Real Madrid era recibida á súa chegada a Cádiz, onde esta noite disputa o partido de Liga, entre apupos e berros de peseteiros e quebrafolgas.

O Real Madrid e o Barcelona son os únicos equipos que seguen adiante co proxecto logo da espantada dos ingleses e dos italianos.

Noticias web

21/04/2021