CRTVG

Buscar

Apupos ao independentista Rufián nos altercados de Barcelona

Publicado o 20/10/2019 10:10

O deputado de Esquerra Republicana no Congreso, Gabriel Rufián, recibiu os berros de "botifler, fóra, sodes a antiga Converxencia" cando tratou de achegarse aos manifestantes que este sábado estaban concentrados en Barcelona. Botifler é a palabra catalá empregada como apodo contra os felipistas ou borbónicos, partidarios de Filipe V durante a Guerra de Sucesión española. O político catalán acabou marchando e utilizando as redes sociais como modo de difusión das súas mensaxes.

Noticias web

20/10/2019