Apróbase o plan de educación semipresencial, que prevé 55.000 ordenadores máis
O Consello da Xunta aprobou hoxe o plan de educación semipresencial. Un plan pensado especificamente para os alumnos de bacharelato e FP, porque nalgúns casos, é imposible, por mor dos institutos, manter a distancia de seguridade. Pero a maiores deses alumnos, tamén está pensado para aqueles alumnos de primaria ou secundaria que deban estar en corentena ou estean confinados despois de dar positivo.
O plan de contixencia na Educación inclúe medidas para alumnos, profesores, centros e familias. A principal ten que ver co material. A Xunta prevé contar ao longo do curso con 55.000 ordenadores máis para os estudantes que o necesiten e tamén para o profesorado. Alberto Núñez Feijóo explica que a educación semipresencial está pensada para casos concretos.
Ademais, estenderanse os contidos dixitais para terceiro e cuarto da ESO. O resto de iniciativas teñen que ver coa formación de todos os membros da comunidade educativa para adaptarse á educación semipresencial.