CRTVG

Buscar

Aprobada unha OPE de 2.528 prazas para a Administración Xeral do Estado

Publicado o 25/01/2019 18:59

O Consello de Ministos dálle luz verde á oferta Pública de Emprego de 2018 tras recibir o visto e prace dos sindicatos. Son 2.528 prazas das que 2.041 son para estabilizar o persoal temporal da Administración Xeral do Estado.

Case o 60 por cento destas prazas están destinadas aos organismos públicos de investigación. Un sector, o da cidencia, que o Goberno quere fortalecer e darlle estabilidade: "1454 prazas de estabilización do emprego público refírense ao mundo da ciencia e da investigación, un sector particularmente afectado de inestabilidade. España necesita investigadores comprometidos co tecido social e co tecido científico e, para iso, necesitan estabilidade", apunta Isabel Celaá, a voceira do Goberno.

Con esta oferta pública de emprego, o Goberno calcula que a taxa de temporalidade na Administración Xeral do Estado quedará por baixo do 8% .

Noticias web

25/01/2019