Aprobada una iniciativa do PPdeG para pedirlle ao Goberno medidas para rebaixar o prezo da luz un 20 %
Publicado o 14/09/2021 21:06

Saíu adiante no Parlamento de Galicia unha iniciativa do grupo popular que incluía diversas medidas para abaratar o prezo da luz ata nun 20 por cento. Rebaixar de forma permanente o IVE da electricidade ao 10 %, suprimir o gravame do imposto sobre o valor da enerxía eléctrica, modificar a lei do sector eléctrico ou revisar os tramos horarios son algúns dos puntos que se aprobaron.
A oposición abstívose na votación, ao considerar que as medidas son insuficientes.