Aprobada a OPE para profesores técnicos de FP con 603 prazas
Publicado o 14/01/2021 16:32

A Xunta aprobou hoxe as oposicións para profesores técnicos de FP. Vanse convocar 603 prazas de 24 especialidades.
O Goberno galego di que esta oferta de emprego público é unha oportunidade de estabilidade laboral para 452 docentes que agora son interinos e que non teñen unha licenciatura.
Os exames serán este mesmo ano se a pandemia o permite.