CRTVG

Buscar

Aprender un idioma na casa cunha "au pair"

Publicado o 05/07/2021 20:51

O inicio das vacacións de verán marca tamén o tempo das despedidas dos 'au pair', as persoas que son acollidas temporalmente por familias a cambio dun traballo, que habitualmente é coidar dos nenos e aprenderlles outro idioma.

Eve é escocesa e con esta familia de Vigo acaba de completar o seu primeiro ano como "au pair".

Esta licenciada en dereito aprendeulles inglés aos nenos da casa pero ela tamén descubríu que lle gustaría ser profesora.

Esta familia viguesa leva tres anos contratando unha "au pair" de fala inglesa.

Todas as "au pair" coas que contaron volveron xa de visita porque, aseguran, crean vínculos con elas case familiares.
 

Noticias web

05/07/2021