CRTVG

Buscar

Aprenden as claves do turismo mariñeiro na Guarda

Publicado o 26/02/2019 21:29

Cada vez son máis os turistas que buscan coñecer de primeira man de onde chegan os pratos máis típicos da nosa gastronomía. Vémolos en moitas vendimas e tamén cada vez máis nos portos. Por iso, as confrarías están a realizar cursos para ofrecer unha mellor atención aos visitantes e deseñar novos proxectos turísticos.

Por unhas horas deixan o mar e as redes para sentar de novo nas aulas. Aquí aprenden como mellorar a súa relación cos turistas. Son 18 participantes neste curso organizado dende a confraría da Guarda.

Para os traballadores, o turismo é unha nova oportunidade tamén de dar a coñecer o valor dos noso productos e rachar con algúns tópicos. Distintas confrarías galegas xa están a desenvolver proxectos que combinan o turismo co traballo no mar.

Noticias web

26/02/2019