CRTVG

Buscar

Apresan un veleiro con cocaína que viña cara a España

Publicado o 14/10/2021 20:42
Apresan un veleiro con cocaína que viña cara a España

Este xoves viaxa cara a Vigo un veleiro interceptado en augas do Atlántico Norte cun cargamento de cocaína. A bordo detiveron os dous tripulantes. Outros tres membros da organización foron arrestados en Málaga.

A droga tiña como destino final o noso país. Mañá descargarase no Porto de Trasatlánticos de Vigo. Este apreixamento é froito dunha operación conxunta da Policía Nacional e a Axencia Tributaria.

 

Noticias web

14/10/2021