CRTVG

Buscar

Aprázanse a 2021 as oposicións de Educación en Galicia

Publicado o 22/04/2020 13:54

As oposicións de Educación previstas para o mes de xuño en Galicia aprázanse ata o ano que vén, segundo acaba de anunciar na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia a conselleira de Educación, Carmen Pomar.

A conselleira dixo que non se dan as circunstancias sanitarias nin temporais para celebrar a OPE e que, polo tanto, quedan adiadas.

A Xunta convocara 2.354 prazas de 97 especialidades diferentes. As probas do proceso selectivo estaban convocadas para o 20 de xuño, pero finalmente quedan adiadas ata o ano que vén.

Pomar salienta a anticipación da Xunta

Pomar reiterou e defendeu a anticipación do Goberno galego ante a crise, desde a suspensión da actividade lectiva presencial a partir de 16 de marzo e a asistencia voluntaria do alumnado o venres anterior (o día 13). O Goberno central decretou o estado de alarma o sábado 14, e con iso a suspensión das clases en todo o territorio nacional.

Estes primeiros días tamén estiveron marcados pola polémica debido á obrigatoriedade da presenza do profesorado e equipos directivos nos centros, unha decisión que se rectificou en datas posteriores con varias instrucións e trala protesta dos sindicatos educativos, que chegaron a protagonizar un peche na sede autonómica. Carmen Pomar destacou a aposta de Galicia "non partiu de cero" para afrontar o confinamento obrigatorio grazas á dixitalización dos centros nos últimos 10 anos, coa extensión do libro electrónico, a plataforma E-Dixital, e o programa Abalar.

Isto viuse reforzado coa dotación de equipos a máis de 7.500 alumnos, entre os repartidos por Educación con conexión gratuíta a Internet e os Centros de Formación e Recursos a través das xefaturas territoriais. Ademais, anunciou a distribución a partir desta semana doutros 1.750 computadores e lembrou os 3 millóns en axudas para usuarios de comedores escolares xestionados directamente pola Xunta, que beneficiarán a 30.159 escolares.

A oposición fala de improvisación

Os portavoces da oposición reprocharon ao longo do debate a "improvisación" e a actitude "errática" de Educación na xestión da crise provocada pola COVID-19.   Desde o grupo mixto, Davide Rodríguez criticou as "instrucións lacónicas" ofrecidas aos centros e esixiu "claridade" respecto das avaliacións, a disposición de medios aos alumnos con necesidades e para exercer as súas "plenas" competencias.  

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reprochou tanto "a falta de certezas" como "de acerto" do departamento de Pomar ademais da ausencia dunha "mesa de diálogo" coa comunidade educativa. Doutra banda, recordou os problemas motivados pola "fenda dixital", e pediu á Xunta que deixase de "botar balóns fóra" coas bolsas e as axudas, solicitando que se aclaren as perspectivas de cara ao fin de curso e o próximo exercicio.

Luca Chao, do Grupo Común da Esquerda, denunciou o "maltrato inaudito" os opositores e reclamou "empatía" á Xunta coa comunidade educativa, sobre todo ante a "angustia" de moitas familias que quedaron sen sustento económico. Neste sentido, pediu medidas de apoio "específicas" e actuacións para paliar a fenda dixital.   

Gonzalo Caballero (PSdeG) esixiu á Xunta que abandone "o discurso da anticipación finxida" para impulsar un mapa de necesidades por cada centro educativo que permita tomar medidas e atender os recursos necesarios e o alumnado con necesidades especiais, ademais "dunha previsión de futuro" tanto para a dixitalización do alumnado, o reforzo de programas de comedores e a posibilidade de novos rebrotes do coronavirus.

O PPdeG di que non é momento para acusar de improvisación

Desde o Grupo Popular, Pedro Puy defendeu que Galicia afrontou esta crise cun sistema educativo "en bo momento de saúde" e a "forte aposta" polas novas tecnoloxías", e advertiu á oposición que "non é o mellor día" para falar de improvisación tralas rectificacións do Goberno central sobre os permisos para saír á rúa a menores de 14 anos.  

Pomar insistiu en que "non é tempo de reproches", senón de "arrimar o ombreiro" e na "anticipación" da Xunta para afrontar as consecuencias da pandemia e no traballo e o "esforzo" desenvolvido polo seu departamento. "Poden ser camelias ou outras especies que estean a florecer. O importante é capturar o meirande número de raíñas para que haxa menos niños no verán."

As trampas son sinxelas de construir e só se precisa unha botella de plástico e algo de líquido doce, preferentemente zumes ou cervexa que atraen as vellutinas. Nas botellas fanse dous buratos laterais de só oito milímetros de grosor para que non poidan entrar especies de insectos autóctonos como a vespa crabro. Tamén se poden pintar con cores rechamantes para facelas máis visibles.

Os sindicatos critican que o adiamento "chega tarde"

Os sindicatos reclaman garantías á Xunta e que concrete máis a proposta de cara ao próximo exercicio. As catro organizacións presentes na mesa sectorial coinciden en reprochar o atraso en adoptar unha decisión. A CIG-Ensino ironizou con que a titular de Educación compareza para confirmar "o que era unha obviedade", e insistiu en que a central sindical pedía "claramente" desde o 31 de marzo que se debía anunciar o adiamento da OPE.

Neste sentido, CC.OO. Ensino lamentou que a decisión "chega tarde" e evidencia "unha vez máis a xestión errática que está a facer esta Consellería" na crise sanitaria provocada pola COVID-19.C

A Xunta convocou este xoves unha reunión telemática coas organizacións sindicais e cos representantes das confederacións de ANPA, prevista para as 17.00 horas. Desde FeSP-UXT avanzaron que pedirán a Pomar "que matice" todos os aspectos que quedan por resolver da OPE e advertiron de que o adiamento "non pode ir en detrimento" das prazas do próximo ano.

ANPE-Galicia lamentou tamén "que non se tivese en conta en ningún momento os lexítimos representantes do profesorado" e insistiron en que non se pode perder "ningunha das prazas convocadas", ademais de solicitar que a celebración do proceso realícese con medidas para preservar "a saúde da comunidade educativa" e para evitar "posibles colapsos en prazos administrativos".