CRTVG

Buscar

Aprazan ecografías no Álvaro Cunqueiro de Vigo por un gromo con seis contaxios

Publicado o 16/12/2020 17:00
Aprazan ecografías no Álvaro Cunqueiro de Vigo por un gromo con seis contaxios

Un gromo con seis contaxios por covid-19 na área de radioloxía do hospital Álvaro Cunqueiro obrigou a adiar a realización de ecografías neste centro, segundo fontes do Sergas.

Os profesionais que deron positivo por coronavirus son dous radiólogos, dous técnicos e dous celadores, o que obrigou a reprogramar a actividade nunha sala de ecografía.

Segundo as fontes consultadas, a próxima semana estos profesionais acabarán o seu período de corentena, polo que está previsto que se incorporen ao seu traballo e se recupere a normalidade da actividade.