CRTVG

Buscar

Aprazado o Deportivo Abanca-Real Betis: hai 15 xogadoras do equipo galego confinadas

Publicado o 08/01/2021 14:54

• As xogadoras tiveron un contacto estreito cun positivo de covid-19

Aprazado o Deportivo Abanca-Real Betis: hai 15 xogadoras do equipo galego confinadas

O Deportivo Abanca ten quince xogadoras en corentena por contacto estreito cun positivo. A situación obriga a pospoñer o partido desta fin de semana co Betis. O club tamén solicitou adiar o do próximo mércores ante o Raio Vallecano en Madrid, encontro que xa fora adiado tamén por coronavirus.