CRTVG

Buscar

Aprazada a Copa do Rei e da Raíña de hóckey que se tiña que celebrar na Coruña

Publicado o 10/03/2020 14:22

Queda aprazada a Copa do Rei de hóchey sobre patíns da próxima semana na Coruña.

Cabía a posibilidade de que se disputara a porta pechada, pero os clubs prefiren a outra alternativa.

Vaise xogar en maio ou en xuño cando o efecto do coronavirus estea controlado.

Na Coruña daranse cita o Barcelona, Deportivo Liceo, Igualada Rigat, Noia Freixenet, Reus Deportiu Miró, Garatge Plana Girona CH, Recam Làser Caldes e CP Calafell Tot L'Any en categoría masculina e CP Manlleu, Generali HC Palau Plegamans, Cerdanyola CH, Telecable Hockey Club, CP Voltregà Stern-Motor, CHP Bigues i Riells, CH Vila-Sana e CP Alcorcón en mulleres.

Noticias web

10/03/2020