Apple pecha temporalmente as súas tendas de Madrid polo coronavirus
Publicado o 21/08/2020 20:39

Desde o luns, Apple pecha todas as suas tendas de Madrid polos rebrotes de coronavirus nesa Comunidade. Desde a compañía aseguran que se trata dun peche temporal mentres seguen de preto a evolución epidemiolóxica. Antes de Madrid, Apple pechou tamén a tenda de Zaragoza.