CRTVG

Buscar

Aplausos recíprocos entre a BRILAT e os sanitarios

Publicado o 18/04/2020 17:15

Aplausos recíprocos para tempos de crise entre a Brilat e os sanitarios. No Hospital Universitario Montecelo, de Pontevedra, os que habitualmente reciben o agarimo dos cidadáns ás oito da tarde desde os balcóns das súas casas, os sanitarios, quixeron saír a darlles o seu merecido aplauso aos que nestas semanas andan polos hospitais do país desinfectando os exteriores dos centros sanitarios e as residencias de maiores.

Son equipos de oito ou dez persoas, espallados polo noroeste peninsular, que van acompañados por un depósito de dous mil litros con auga e lixivia, nunha mestura ao un por cento.

Son militares orgullosos de participar nesta guerra vírica, na que se protexe, sobre todo, aos que son máis vulnerables.

Das mellores cousas que nos deixará esta dolorosa aprendizaxe serán, se cadra, os aplauos recíprocos e a cantidade de veces que nos dicimos grazas.

Noticias web

18/04/2020