Aplausos no derradeiro adeus dos compañeiros de Pérez Rubalcaba no Congreso
Publicado o 11/05/2019 21:18
Entre aplausos, e cunha ovación saía o corpo de Alfredo Pérez Rubalcaba do Congreso dos deputados. Era o derradeiro adeus dos que foron os seus compañeiros na cámara baixa e na política ao longo de tantos anos. Foi un goteo incesante de autoridades de todas as cores e de cidadáns de a pé que quixeron renderlle unha última homenaxe ao político. Pouco despois de que o féretro abandonara o Congreso Rubalcaba foi incinerado no tanatorio de Tres Cantos na máis estrita intimidade por expreso desexo da súa familia