CRTVG

Buscar

Aplauso masivo nas Canarias para apoiar a familia das nenas desaparecidas

Publicado o 09/05/2021 21:46

Aplauso masivo nas Canarias en apoio á familia de Anna e de Olivia, as dúas nenas presuntamente secuestradas polo seu pai desde o 27 de abril. Dende as ventás, balcóns ou mesmo na rúa, a pé ou facendo soar as bucinas do coche, os veciños das pequenas queren demostrarlles que están con elas, coa súa nai e con toda a familia.

Os organizadores aseguran que é o modo de unir todo o arquipélago nun momento de afecto e lembranza para que Anna e Olivia sintan que non están soas. O equipo que investiga a desaparición das pequenas segue mantendo abertas dúas liñas de investigación: a desaparición no mar ou a fuxida internacional. Polo de agora, sen resultados.