Aparecen xiringas usadas nun barrio de Santiago
Publicado o 05/04/2021 15:07
Situado entre o campus sur e o hospital clínico, é un dos barrios máis novos de Santiago. Pero hai veciños que o consideran tan inseguro que non deixan ir ao parque os fillos.
Esta é a última xiringa que atoparon nunha zona axardinada común. Ademais de vivendas, na zona hai un colexio e unha gardería. Os residentes cren que non é só un problema policial.
Ata o de agora non se ten noticia de ningún accidente deste tipo. Os veciños opinan que hai que solucionar o problema da drogadicción e do tráfico de drogas, e extremar a limpeza.