CRTVG

Buscar

Aparece varada unha planadora en Corcubión, o que reaviva a pantasma do narcotráfico

Publicado o 20/02/2021 14:48

E quizais tamén a causa do temporal no mar que pegou con forza esta noite, aparecía unha planadora varada nos arredores do cabo Cee, preto do faro de Corcubión.

Trátase dunha embarcación de fibra, de dimensións considerables, con polo menos dous potentes motores e que polas súas características podería estar vinculada co mundo do narcotráfico e do contrabando.

Foi un particular quen avisou os servizos de emerxencias, de que había unha lancha varada golpeando contra as rochas. Estes avisaron as autoridades e tamén a Aduanas. As primeiras investigacións apuntan a que a planeadora foi empregrada nalgún alixo.

Noticias web

20/02/2021