CRTVG

Buscar

Aparece unha foca na praia de Canido en Vigo para sorpresa dos bañistas

Publicado o 22/08/2021 12:08
Aparece unha foca na praia de Canido en Vigo para sorpresa dos bañistas

Na praia viguesa de Canido toda a atención está nun novo visitante mariño.

Esta foca cincenta que dende maio do ano pasado percorreu a costa norte de Galicia e parte de Asturias. Onte tras darse un baño tamén tomou descanso nas rochas do areal para sorpresa dos bañistas.

Aínda que se trata dun animal, en principio inofensivo, os expertos piden non achegarse xa que pola súa condición salvaxe descoñecese como pode reaccionar ante a presenza humana.

 

Noticias web

22/08/2021