CRTVG

Buscar

Aparece un posible Banksy no muro da prisión onde estivo encarcerado Oscar Wilde

Publicado o 02/03/2021 09:31
Aparece un posible Banksy no muro da prisión onde estivo encarcerado Oscar Wilde

Unha obra ao estilo do popular artista urbano Banksy apareceu no muro da prisión británica en que estivo encarcerado Oscar Wilde.

A imaxe amosa un home que foxe da prisión coa axuda dunha máquina de escribir. Especúlase con que podería ser unha mostra de apoio de Bansky á campaña para salvar este histórico edificio que pechou en 2014.

Polo momento, o artista británico non reivindicou a autoría da obra, que xerou grande expectación.

Noticias web

02/03/2021