CRTVG

Buscar

Aparece un corpo nas Cíes que podería ser o do patrón do Marsua J

Publicado o 10/03/2020 20:20

Xa chegou a Vigo o cadáver localizado nun cantil das Cíes, que podería ser o de Jorge Emilio Martín, o patrón do Marsua J, a embarcación que naufragou o 24 de febreiro preto das Illas.

O corpo foi trasladado por unha patrulleira da Garda Civil ata o porto vigués, e dende alí ao hospital Nicolás Peña para practicarlle a autopsia e aclarar a súa identidade. Fontes da investigación dan por feito que o corpo corresponde a Jorge Emilio Martín. Foi o patrón do barco Nuevo Meira o que alertou os servizos de emerxencias. Estaba levantando os aparellos fronte ao peirao da Porta cando avistou o corpo sobre unhas rochas. Ao lugar do suceso acudiu o helicóptero Pesca 1, que rescatou o cadáver.

Noticias web

10/03/2020