CRTVG

Buscar

Aparece un cadáver nunha casa en Mos nun estado avanzado de descomposición

Publicado o 03/04/2021 11:05
Aparece un cadáver nunha casa en Mos nun estado avanzado de descomposición

A Garda Civil investiga a aparición dun cadáver nunha vivenda do concello pontevedrés de Mos. Trátase dun varón de 56 anos, do que aínda non se facilitaron máis datos. Un familiar seu encontrou o corpo cando se dirixiu ao domicilio do home despois dun tempo sen saber del.

O cadáver presentaba un golpe forte na cabeza. Os investigadores non desbotan ningunha hipótese sobre o falecemento, tanto que fose por causas naturais como unha morte violenta. A propia alcaldesa da vila, Nidia Arévalo, así o dicía este sábado en declaracións á Radio Galega.