CRTVG

Buscar

Aparece un cadáver aboiando no río Umia

Publicado o 09/06/2021 13:10
Aparece un cadáver aboiando no río Umia

O cadáver dun home de 26 anos apareceu aboiando este martes pola tarde no río Umia ao seu paso por Caldas de Reis. Trátase dun mozo de 26 anos, segundo confirmou a Policía Local da Caldas. Atopárono nas proximidades da rúa de Sega de Abaixo, e ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, bombeiros do Salnés, a Garda Civil e Protección Civil de Caldas, ademais da Policía Local. 

Noticias web

09/06/2021