Aparece un brote de coronavirus no Saviñao que afecta a dez familiares
Publicado o 25/07/2020 20:43

Nas últimas horas coñecemos un brote de coronavirus no concello lugues do Saviñao. É un foco de orixe familiar que lle afecta a dez persoas. O primeiro positivo detectouse o venres e, ao facerlle as probas aos seus contactos estreitos, detectáronse outros nove infectados.
Os afectados están todos en corentena e, segundo indicaron fontes municipais, o primeiro positivo foi o dunha persoa procedente de Cataluña.