CRTVG

Buscar

Aparece o touro que andaba solto pola zona de Brión

Publicado o 26/06/2020 11:35
Aparece o touro que andaba solto pola zona de Brión

O touro que fuxira o xoves dunha explotación de Bastavales, en Brión, xa foi capturado. Así llo confirmou esta mañá o responsable da explotación gandeira á Policía Local de Brión. O animal xa se atopa dentro da súa explotación.

Escapara de onda unha cabana de vacún estabulada no lugar de Sabaxáns. Un operario revisara o cerramento na parte posterior da instalación, por onde se vía a pegada do que sería o punto de fuxida do touro.