CRTVG

Buscar

Aparece o corpo sen vida dunha muller flotando no lago Castiñeiras

Publicado o 19/02/2021 17:59
Aparece o corpo sen vida dunha muller flotando no lago Castiñeiras

Un particular que paseaba pola zona localizou na mañá deste venres o cadáver dunha muller que flotaba no lago Castiñeiras de Marín (Pontevedra).   

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o aviso deuse pasadas as 12.00 horas deste venres. Ata o lugar desprazáronse de inmediato efectivos de Policía Nacional e Local, 061, e Bombeiros do Morrazo.   

Polo momento, apuntan fontes de emerxencias, descoñécense as circunstancias do suceso. De feito, tras constatar que a muller se atopaba falecida, os axentes continúan na zona para solicitar información do ocorrido e xa se procedeu ao levantamento do cadáver.