CRTVG

Buscar

Aparece o corpo sen vida dun home flotando nunha praia de Baiona

Publicado o 13/09/2021 21:00
Aparece o corpo sen vida dun home flotando nunha praia de Baiona

Esta tarde apareceu aboiando nunha praia de Baiona o cadáver dun home duns 75 anos.

Varias persoas que estaban no areal viron un corpo flotando na auga e avisaron decontado os socorristas. Sacárono da auga e coa axuda de persoal sanitario tentaron reanimalo, pero sen éxito. Agora a Garda Civil tenta aclarar as causas desta morte. 

Noticias web

13/09/2021