CRTVG

Buscar

Morre unha muller en Trazo con queimaduras causadas por unha estufa

Publicado o 17/04/2021 19:15
Morre unha muller en Trazo con queimaduras causadas por unha estufa

O cadáver dunha muller veciña de Tarrío, no concello de Trazo, apareceu este sábado no interior da súa vivenda con queimaduras que lle puido causar unha estufa.

O 112 informa que foi un veciño da zona o que informou do ocorrido tras localizar un home desorientado e que residía na mesma casa que a muller. Pediu assitencia e dixo que no inmoble había moito fume, pero que xa non había incendio.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061, os bombeiros de Ordes e a Garda Civil, que investiga o sucedido. Non se puido facer nada por salvar a vida da muller.