CRTVG

Buscar

Aparece o cadáver dun home de 72 anos nunha pista forestal do Monte Xiabre

Publicado o 11/10/2020 21:34

Nesta pista forestal do Monte Xiabre apareceu morto un ciclista de 72 anos. Foi outro ciclista o que deu co cádaver e chamou os servizos de emerxencia. A Policía Nacional de Vilagarcía foi a que se encargou de abrir as dilixencias da investigación. Aínda que a autopsia determinará as causas da morte, todo indica de que se trata dunha morte natural. O home subiu o alto de Pousadoiro, no límite entre Caldas de Reis e Vilagarcía e desviouse cara a esta pista de terra onde faleceu.
 

Noticias web

11/10/2020