CRTVG

Buscar

Aparece o cadáver dun home atrapado por un vehículo no seu taller da Estrada

Publicado o 25/05/2020 14:11
Aparece o cadáver dun home atrapado por un vehículo no seu taller da Estrada

O corpo dun home de 50 anos, falecido e atrapado entre un turismo e unha parede, foi localizado pola súa muller esta mañá nun taller de compra-venda de vehículos no municipio da Estrada, en Pontevedra.

Os feitos sucederon no lugar da Brea, na parroquia de Matalobos, no taller do que era propietario o falecido.

Ao lugar acudiu unha ambulancia e un equipo sanitario de Atención Primaria pero, unha vez liberado o home, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

Fontes da Garda Civil indicaron que "posiblemente" faleceu "por esmagamento", e que con probabilidade os feitos sucederon o domingo.