Os investigadores cren que a muller localizada morta en León puido suicidarse
Publicado o 22/05/2021 16:58
Localizan sen vida a muller de 34 anos que desaparecera o xoves pasado no municipio leonés de Montejos del Camino. A moza levaba tempo en tratamento psiquiátrico debido á que estaba moi afectada pola separación da súa parella.
Cristina Ramos deixara o seu fillo no colexio e despois saíu a dar un paseo en bicicleta. A súa familia xa non a volveu ver. A muller denunciara a súa exparella por violencia de xénero e tiña unha orde de afastamento para a súa protección.
O corpo da muller, natural da localidade zamorana de Tábara, apareceu na Aldea de la Valdoncina en León xunto ás vías do tren, fóra da zona onde a buscaban desde o xoves cando a familia denunciou a súa desaparición.