CRTVG

Buscar

Investigan a morte dun home atopado no interior dun coche afundido en Ponteceso

Publicado o 14/10/2021 12:42

A chamada dunha persoa que paseaba polo peirao da praia de Balarés alertou aos servizos de urxencias. Tras realizar as comprobacións oportunas confirmouse que había un coche afundido no mar cun cadáver dun home no seu interior.

Ata o lugar desprazáronse persoal sanitario, bombeiros de Carballo, o Grupo de Emerxencias de Ponteceso, a Garda Civil e Protección Civil. Tras recuperar o coche do mar cun guindastre, deseguido procedeuse ao levantamento do cadáver.

Malia que polo de agora non trascendeu a identidade do falecido, todo apunta a que podería tratarse dun home duns 40 anos que residía na Coruña.