CRTVG

Buscar

Aparece morto na súa casa en Rábade e a Garda Civil detén a un pariente que vivia con el

Publicado o 23/11/2019 20:28

O home falecido vivía nesta casa, situada nunha rúa do centro de Rábade. Parece ser que a morte foi violenta e todo apunta a que podería terse producido por un estrangulamento.

A Garda Civil ten aberta unha investigación.

Un varón duns corenta anos está detido porque presumiblemente está relacionado co caso. Cóntase que foi el mesmo o que alertou aos axentes do que pasou e todo apunta a que podería ter unha relación de parentesco coa vítima.

Os axentes saían con mostras da casa, pouco antes da chegada dun familiar.

A noticia de seguida se espallou pola localidade, situada a dezaseis quilómetros da capital lucense.

Ao parecer, a vítima e a persoa detida hai anos que compartían vivenda.

A Garda Civil mantén aberta a investigación á espera tamén de coñecer os resultados da autopsia.

Noticias web

23/11/2019