CRTVG

Buscar

Aparece en Teixeiro o corpo dun home que podería levar morto varios meses

Publicado o 08/02/2021 11:25

Apareceu un home morto na súa casa en Teixeiro, Curtis. Probablemente levaba xa varios meses morto.

Foi o seu caseiro o que avisou, porque levaba varios meses sen pagar o alugueiro e o seu coche levaba moito tempo parado no mesmo sitio.

Trátase dun home de 77 anos de idade que probablemente levaba varios meses morto. É un veciño de alí, un exmilitar nativo de León, que xa levaba nesa parroquia de Curtis polo menos 15 anos.

Os bombeiros de Betanzos tiveron que forzar a porta para poder entrar á vivenda. Non se detectaron sinais de violencia, pero as causas da morte aínda non transcenderon.

Noticias web

08/02/2021