CRTVG

Buscar

Aparece en México unha fochanca de 60 metros de diámetro

Publicado o 03/06/2021 08:22
Aparece en México unha fochanca de 60 metros de diámetro

As autoridades mexicanas investigan a aparición dunha gran fochanca duns 60 metros de diámetro no centro do país. O burato ten unha profundidade duns 20 metros e ameaza con tragar unha vivenda situada ao seu carón. A fochanca medía só cinco metros cando se descubriu o sábado pasado, pero foi medrando rapidamente en poucas horas debido, segundo os expertos, ao abrandamento da terra e á extracción de auga subterránea.

Noticias web

03/06/2021