CRTVG

Buscar

Desaparece a declaración en papel e deberán todas vía telemática ou telefónica

Publicado o 19/03/2019 17:29

A campaña da renda comeza dentro de dúas semanas e a Axencia Tributaria xa ten a disposición dos contribuíntes os datos fiscais. Este ano hai importantes novidades, que lles avanzamos deseguido.

Desde o pasado 15 de marzo todos os contribuíntes poden consultar os seus datos fiscais no portal da Axencia Tributaria. A campaña da renda comeza o vindeiro 2 de abril, aínda que na modalidade presencial haberá que agardar ata o 14 de maio. O período de presentación estenderase ata o vindeiro 1 de xullo, con importantes novidades.

A nivel xeral, a cantidade mínima exenta pasa de 12.000 euros de rendas anuais a 14.000. No caso das familias numerosas, increméntase ata 600 euros por fillo a dedución, e ocorre o mesmo con quen teña discapacitados a cargo. Ademais, quedan definitivamente exentas do imposto as prestacións por maternidade e paternidade.

No aspecto formal, desaparece a declaración en papel; todas deberán presentarse vía telemática ou telefónica.




 

Noticias web

19/03/2019