Apañan un cogomelo de máis dun quilo de peso en Cualedro
Publicado o 06/10/2021 13:39
Estamos en tempo de cogomelos e, por como lle vai a algún colleiteiro, a campaña empezou cedo e, polo que se ve, forte. Nun souto da Xironda, no concello ourensán de Cualedro, este home atopou unha peza de máis dun quilo de peso.
Foi aos cogomelos o domingo á tarde e baixo castiñeiros centenarios criouse este exemplar que, segundo nos contaba, lle vai dar para un bo guiso. Antonio Dasilva, o dono do cogordo, di que pesou un quilo e catrocentos, cando o colleu o domingo á tarde.