CRTVG

Buscar

A Revista

Aos 81 anos segue creando artesanía e expón agora o traballo dos últimos 16 anos

Publicado o 03/05/2018 13:17

Visitamos unha exposición moi singular, non só polo seu contido senón pola súa autora. Ten 81 anos e desde que se xubilou, hai 16, dedica boa parte do seu tempo libre a palillar, facer retallaría, e mesmo xoias ou bixutería. Un traballo de valor incalculable que os seus fillos quixeron compartir montando esta exposición para homenaxeala e amosar toda a súa obra.

Este local do Hotel Tío Manolo de Noia alberga, desde o pasado día 15, non todas, pero si a maior parte das pezas que as mans de Esperanza Romero foron creando durante os últimos 16 anos.

Nin sequera ela sabe cantas pezas leva feitas. Algunhas regalounas, pero a maior parte tíñaas gardadas na casa para uso e goce da súa familia, que para o seu aniversario lle organizou unha exposición.

Aos seus 81 anos, e cunha vitalidade envexable, Esperanza quixo dar un paso máis e hai uns meses comezou a practicar a calceta.

Asegura que mentres o corpo aguante seguirá ampliando esta valiosa colección, da que tamén ten claro que non vende nada.

Sen dúbida, todo un exemplo a seguir.

A Revista

03/05/2018