CRTVG

Buscar

Anxo Lorenzo, Mikel Erentxun e Tanxugueiras, en “Concertos na fin do mundo”

Publicado o 16/08/2021 16:21


E aínda no marco da programación do Xacobeo chega unha nova proposta musical, cos Faros de Galicia coma protagonistas. "Concertos na fin do mundo" inclúe no seu cartel artistas coma Dulce Pontes, Mikel Erentxun, o gaiteiro Anxo Lorenzo ou as cantareiras As Tanxugueiras que compartirán escenario nos faros de Baiona, Muxía, Ribeira ou Cervo. Os concertos comezan esta fin de semana e terán unha ocupación reducida para cumprir co protocolo sanitario.
 

Noticias web

16/08/2021