Anxo Angueira: "Queremos recuperar o espírito comunal da Casa de Rosalía"
Publicado o 29/02/2020 13:30
O presidente da Fundación Rosalía de Castro analiza os últimos achados en relación con Rosalía. A aparición dunha nova carta remitida a José Villaamil y Castro achega datos sobre a vida e relacións de Rosalía de Castro.
A Fundación Casa de Rosalía ten aberta unha campaña de mecenado para ampliar as súas actividades, entre elas, rutas para divulgar o seu patrimonio cultural e botánico.