Anulan unha multa en Lugo por saltar o confinamento
A Subdelegación do Goberno en Lugo vai ter que devolver os 300 euros de multa que pagou un veciño de Friol cando foi multado por saltar o confinamento o pasado 29 de marzo. O home ía no seu coche para deixar un remolque na súa vivenda cando foi interceptado pola Garda Civil, que procedeu a sancionalo.
A sentenza recoñece que puido haber violación do estado de alarma, pero sinala que a multa foi imposta por un suposto de desobediencia e que esta non puido existir, posto que o home nin se volveu contra os axentes nin permaneceu na vía pública.
Na provincia de Lugo impuxéronse durante o confinamento e a desecalada arredor de 7.400 sancións, que sumaban un total de dous millóns de euros. Agora, con esta sentenza, poderían ser anuladas todas aquelas que figuren como motivadas por desobediencia.
De feito, xa houbo unha sentenza similar nos xulgados de Vigo. O avogado do home sinala que estas multas tamén poden ser cuestionadas polo feito de que os supostos infractores non poden asinalas por causa das medidas anticovid o cal supón unha dúbida de legalidade.