Anulada a sentenza que absolvía a alcaldesa do Porriño de falsidade documental
Publicado o 26/06/2019 12:14

Anulada a sentenza que absolvía a alcaldesa do Porriño, a socialista Eva García de la Torre, de falsidade documental. A denuncia está relacionada co seu traballo como avogada.
Un xulgado do penal de Pontevedra absolveuna, pero agora a Audiencia revoga a decisión porque non se contemplou un suposto delito de deslealdade profesional, imputado pola Fiscalía durante a vista.
O proceso volve, polo tanto, ao xulgado, que debe ditar unha nova sentenza.